Descubrimentos e Inventos

mércores, 30 de marzo de 2016

A BURBULLA CULTURAL: SONIA PLAZA

Unha voz preciosa, potente a de Sonia Plaza. O alumnado asistente animou e aplaudiu a esta xoven promesa da canción. Parabéns, Sonia, e grazas por compartir con todos e todas nós eses momentos máxicos.

mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Commemoramos este día cunha selección de libros e películas exposta na Biblioteca e con fermosos murais elaborados polos distintos cursos nas titorías, que se están a expor nos corredores do centro.

Deixamos, tamén, dous interesantes enlaces:


martes, 8 de marzo de 2016

BURBULLA CULTURAL: "EL JUICIO DE PARIS"

Como recordo da participación destes alumnos e alumnas de 1º de bacharelato C, deixamos estas fotos.
Parabéns e grazas pola vosa colaboración.


domingo, 6 de marzo de 2016

BURBULLA CULTURAL: "EL JUICIO DE PARIS"

O luns 7 de marzo, ás 11, 00 horas, poderemos escoitar, na Biblioteca, unha lectura dramatizada a cargo dun grupiño de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato C.

Achegarannos un dos "Diálogos de los dioses" do escritor grego Luciano de Samosata (s.II d.C.), unha versión divertida e crítica dun dos episodios máis coñecidos da mitoloxía grega "El juicio de Paris".

Grazas a Christian (Zeus), Javier (Hermes), Adrián (Paris), Irene (Afrodita), Ángela (Atenea) e Nerea (Hera) pola súa boa disposición para participar nesta Burbulla.

mércores, 2 de marzo de 2016

TARANTINO, JACKSON E MORRICONE, COMBINACIÓN QUE GARANTE O ÉXITO!


Con The Hateful Eight Tarantino volve facer as delicias do seu público incondicional, sempre fiel ao seu estilo e conservando as marcas da casa, como son, entre outras, o macabro sentido do humor, os litros e litros de sangue, un entramado argumento cheo de xiros inesperados e, por suposto, as colaboracións do compositor de moitas das súas películas, Ennio Morricone e do seu inseparable actor fetiche, Samuel L. Jackson.

O músico italiano xa fora un acerto nas dúas entregas de Kill Bill e Django unchained, máis recente. Este compositor foi famoso nas décadas dos 60, 70 e 80 polos espaguetti western (aínda que con outros xéneros, cuxas bandas sonoras serán lembradas como obras mestras, entre elas a da Misión), caera no esquecemento, xunto co xénero principal para o que compoñía. A participación nas bandas sonoras de Kill Bill volveuno situar na alta escena cinematográfica. Froito da nova combinación, Morricone gañou o seu primeiro Oscar, despois de varias nominacións e aos 87 anos de idade, o cal merece mención especial, tendo en conta as poucas nominacións dos filmes de Tarantino, a pesares das sús boas críticas. Este ano a nominación foi dobre, xa que a conseguir tamén a actriz Jennifer Jason Leigh na súa primeira participación co director, inicio do qu e desexablemente pode ser unha 'bonita amizade'.

Se sodes seguidores/as de Tarantino, seguro que a disfrutastes, e se vos gusta o bo cine tamén, pero se aínda non o fixestes, xa tendes unha tarefa pendente!

Mariola Rodríguez González.