Páxinas

mércores, 30 de novembro de 2016

SONIA PLAZA

Este mércores na Burbulla Cultural escoitamos unha fermosa voz. Grazas, Sonia, e parabéns. Contamos contigo para despois do Nadal!


domingo, 27 de novembro de 2016

O MAGO CHRISTIAN

Comezamos a Burbulla Cultural co Mago Christian, que nos fixo pasar uns momentos agradables e sorprendentes. Parabéns!

venres, 25 de novembro de 2016

POR QUE O 25 DE NOVEMBRO?

Hoxe lembramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero pero, por que o 25 de novembro?
Déixovos un enlace do xornal El País no que se nos explica por que se elixiu esta data. Ademais, podedes ver un extracto da curtametraxe Las Hermanas de Guerrilla Filmmaking e interesantes artigos sobre este tema.




luns, 21 de novembro de 2016

BURBULLA CULTURAL

A Burbulla Cultural comeza a súa andaina. Os mércores, ás 11 horas na Biblioteca, podedes amosarnos as vosas habilidades (facer maxia, cantar, ler, bailar, tocar un instrumento,...). Pásate pola Biblio, se queres máis información.



E para inaugurar este "recuncho de expresión" ninguén mellor que o noso mago Christián, ao que todos e todas coñecedes.
A súa actuación será o mércores 23 ás 11 h.



xoves, 17 de novembro de 2016

VII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 18 e 19 de novembro celébranse, en Santiago de Compostela, as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano invitaron a nosa biblioteca para que participe nunha das mesas de experiencias. Será a coordinadora da biblioteca a encargada de presentar o Proxecto Documental Integrado que desenvolvimos durante todo o curso anterior: as Bibliolimpiadas.

Déixovos aquí a presentación que faremos o día 19.


martes, 8 de novembro de 2016

DÍA DO INVENTOR E DA INVENTORA

Este curso a biblioteca coordina un novo proxecto, "Descubrimentos e inventos". Esperamos contar coa colaboración dos Departamentos e coa implicación e participación do alumnado nas nosas propostas.

Hoxe, 9 de novembro, celébrase o Día do Inventor e da Inventora.


 Queremos que empecedes a descubrir e a investigar. E nada mellor para isto que unha imaxe... 


e dúas preguntas moi sinxelas.




luns, 7 de novembro de 2016

"UN INVENTO, UNHA HISTORIA"

Xa temos o concurso do primeiro trimestre "Un invento, unha historia". Le as bases e participa. O prazo de entrega remata o 2 de decembro. Poderás gañar unha cámara acuática.