Páxinas

venres, 24 de decembro de 2021

UNHA IMAXE DE CINE

Xa temos os premios do concurso deste primeiro trimestre, Unha imaxe de cine

Categoría de 1º, 2º e 3º da ESO.

1º premio, Carlota Magán. Lume na biblioteca

2º premio, Martiño Pérez. A dama do lume.

3º premio, Tiago Vence. Lume.

 

Na categoría de 4º ESO, bacharelato e ciclo os premios foron para tres alumnas de 2º de bacharelato:

1º Lía Pérez. Lumia.

2º Carla Sánchez. Lume no corazón.

3º Natalia Rey. O lume do inferno

xoves, 23 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

Os últimos días de clase temos a recomendación lectora de Antonio Fernández, profe de galego, Paloma García, profe de música, e de Pili, quen cada día cun sorriso acolle a profesorado e alumnado na cafetería do centro.

VIDAS MINADAS

Aínda que con un pouco de retraso, non queremos deixar de divulgar a proposta da biblioteca para conmemorar o Día das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro).

Vidas Minadas é un libro de Gervasio Sánchez. A través da fotografía e de pequenos textos, este xornalista de conflitos de guerra dá a coñecer a persoas de Afganistán, Camboya, Angola... vítimas das minas antipersoas. Un libro realmente recomendable para traballar non só nas titorías, senón tamén en calquera materia. 


Entre todas "as vidas minadas" destacamos a Sofia Elface de Mozambique. A súa historia é unha magnifica lectura que nos achega Henning Mankell en El secreto del fuego.

domingo, 19 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

 Hoxe, venres, chegou a quenda de Dani González, profe de Física.

xoves, 16 de decembro de 2021

HÉCTOR CAJARAVILLE

Hoxe visitounos Héctor Cajaraville para falar co alumnado de 1º ESO de Denébola a roxa. Tamén fixo un oco para asinar libros do alumnado do Club de lectura e o libro da biblioteca. Grazas Héctor!

O CLUB DESPIDE O ANO

Última xuntanza do ano para o Club, O niño da curuxa. Houbo sorpresas lectoras, intercambios de libros entre a rapazada, curtametraxes e merendola. Non se podía pedir máis!

Agardamos que no Nadal percorran eses itinerarios lectores e continúen enchendo a súa mochila de grandes ilusións e experiencias.

Bo Nadal familia Curuxaina!!           🎄🎄🎄

Máis info http://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2021/12/despedindo-o-ano.html

HOXE RECOMENDAN...

 Estas son as recomendacións do mércores: Luis Abella  e Helena Barrera, profe de francés.

martes, 14 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

Chega o turno de Lía Pérez González (2º bacharelato A) e Luis Quinteiro, profe de Educación Física.

Comentarvos que as recomendacións dos compañeiros e compañeiras están a chegar á biblioteca. Irémolas poñendo no expositor do vestíbulo. Se vos apetece coller algún dos libros para o Nadal, ide á biblioteca para solicitar o seu préstamo.

luns, 13 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

Comezamos a semana con novas recomendacións. Hoxe, Carolina Fernández Gutiérrez (4º ESO C) e Noa Pérez, profe de Lingua galega.

HOXE RECOMENDAN...

Recomendacións lectoras do venres día dez de decembro a cargo de Aroa Rodríguez (4 ESO B) e Pablo Villanueva, profe de Plástica.

xoves, 9 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

 E estas son as recomendacións lectoras de Natalia Rey Loroño (2 bacharelato A) e Marisa Moreda, profe de Lingua galega.

mércores, 8 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

O venres Nicolás Lafuente Henao, alumno de 4º ESO B, e María, do persoal non docente, animáronse a recomendarnos unhas lecturas. 

xoves, 2 de decembro de 2021

HOXE RECOMENDAN...

Carlota Magán, alumna de 3º ESO A, e Carlos Guerreira, profe de Ligua castelá, fan as súas recomendacións lectoras.

PRÓXIMO DESTINO?

 Unha nova viaxe do Club de lectura. A rapazada comentou as lecturas e sinalou os lugares nas que se situaban. Que país pensades que foi o gañador? Podedes ver máis infi clicando aquí.


HOXE RECOMENDAN...

Aldán Cid, alumno de 1º ESO, e Begoña, profe de Matemáticas, recomendan estes libros para o Nadal.


UNHA IMAXE DE CINE

 Recordamos a convocatoria do concurso deste trimestre, Unha imaxe de cine.

Animádevos a participar!!!! Aínda hai tempo.

mércores, 1 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Este Nadal teremos unhas recomendacións de luxo. Será o alumnado, profesorado e persoal non docente quen nos achegará eses libros que lle fixeron pasar un bo rato. Cada día uns libriños. Ide tomando nota!

QUE PESA MÁIS?

O 25 de novembro a Biblioteca aportou, coma todos os anos, o seu gran de area, ou mellor dito, os seus grans de arroz, para recordar que toda a sociedade debe implicarse na loita contra a violencia machista.

Coa pregunta Que pesa máis? e unha balanza quixemos simbolizar esa loita. Xa moi cedo, o alumnado, sobre todo, conseguiu que o rexeitamento á violencia e, polo tanto, o seu apoio na defensa das mulleres, que soportan estas situacións, saíse vencedor.
 

Desexamos que todo o noso empeño por terminar con esta lacra chegue a bo porto e algún día todas esas mulleres vítimas de maltrato poidan ver a luz. 




Durante toda a mañá o alumnado tivo unha sesión na que se leu un manifesto e se visualizaron unhas presentación feitas polo Equipo da biblioteca.