Páxinas

martes, 20 de febreiro de 2018

"NADIE PUEDE AMAR LO QUE NO CONOCE"

Eliximos esta frase para conmemorar este 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna. Partindo desta idea, Gabriela Badillo e COMBO desenvolveron, no 2013, o proxecto 68 voces 68 corazones co obxectivo de "fomentar o orgullo, respecto e uso das linguas indíxenas mexicanas entre falantes e non falantes". Trátase de contos indíxenas animados narrados na súa lingua orixinaria. Entre todos eles destacamos Cuando muere una lengua, baseado nun poema do historiador mexicano e experto en filosofía náhuatl, Miguel León Portilla.



Tamén queremos amosarvos unha curtametraxe dirixida por Eric Law Anderson que obtivo numerosos premios. En The Looking Planet os personaxes utilizan a lingua indíxena amazónica falada polos káingang no sur de Brasil.

El Planeta que mira

Neste vídeo, unha anciá do pobo navajo explica ao seu neto, coa axuda do xogo do cordel, as orixes das constelacións segundo a lenda india.


Das 7000 linguas que se falan no mundo a UNESCO considera que unhas 3000 poderían estar en risco de extinción nas próximas décadas. Podedes consultar, no Atlas interactivo UNESCO das linguas do mundo en perigo, a situación de cada unha delas (preme aquí).

Tamén resulta interesante a información de The Endangered Languages Project, un completo catálogo con información dunhas 3410 linguas (preme aquí).


Paga a pena que lle botedes unha ollada a Lenguas en peligro de extinción, reportaxe publicada en National Geographic e Cada 14 días muere un idioma, no que Isidoro Merino dá a coñecer algunhas das últimas persoas falantes dunha lingua.

Rematamos cunha mensaxe de esperanza. Reproducimos un fragmento de Cómo se rescata una lengua. Nesta crónica contásenos como "cuatro viejos y un hombre pretenden rescatar la Numdi Oodi", lingua de México.

Casa de don Manuel y su hijo José Manuel

En un pueblo de Jalpa de Méndez, cuatro viejos y un hombre pretenden rescatar la Numdi Oodi, una lengua variante del Mixe-Zoqueano, considerada en México como la que se encuentra en mayor riesgo de desaparecer. La extinción se evitará con los niños que aprendan de los mayores esta lengua.
Don Manuel lee con su voz octogenaria una lista con frases de cortesía en su lengua Numdi Oodi. A su lado una niña replica las palabras en español:
— Ju’ na
— Hola
— Muy guübük tzunyi
— Buenos días
— Muy guübük tec jaama
— Buenas tardes
— Guübük tzu
— Buenas noches

Ningún comentario:

Publicar un comentario