Descubrimentos e Inventos

venres, 29 de marzo de 2019

REFLEXIÓN SOBRE O CLUB DE LECTURA INCLUSIVA

Gústame o Club de Lectura Inclusiva, non só polo simple feito de ler senón porque, cando estou cos meus compañeiros  e compañeiras do Centro de Educación Especial e do Centro con Eles, síntome afortunada, xa que quizais eu, que teño unha vida fácil, non sei se podería vivir con algunha discapacidade.

Cando estou nas reunións, síntome un pouco incómoda. Non sei que palabras debería dicir. Explícome. Teño medo a dicir algo e ofender a algunha das persoas que están con nós. Tamén, ás veces, sinto vergoña.

Aos meus compañeiros e compañeiras dos outros centros véxoos felices. Creo que os alegra compartir tempo con nós, saír da súa rutina. Parécenme unha persoas moi valentes e riseiras, xa que a pesar de todas as dificultades que poidan ter seguen cara adiante e fano moi ben! Para rematar, o que máis me gusta delas é que sempre teñen un enorme sorriso plantado na cara.

Meritxell Triñanes (3º PMAR)



Ningún comentario:

Publicar un comentario