Este domingo, 8 de xuño, foi en Vilagarcía
Salnés Ciencia. Entre outros, participou o
Club de Ciencias do noso instituto. Un grupiño de profesoras e profesores conseguiron, durante todo o ano, que alumnas e alumnos participasen neste Club. Tiveron xuntanzas nas que aprenderon un montón de cousas científicas. E xust,o en Salnés Ciencia, amosaron algunhas delas, como facer uns bonitos colgantes con plástico reciclado. A este foro científico tamén levaron un
lote de libros da biblioteca moi apropiado co tema que estiveron traballando.
Parabéns ao profesorado polo entusiasmo en transmitir a ciencia ao alumnado e, por suposto, a ese alumnado que participou. Unha proposta para continuar!!😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario