Última xuntanza do ano do Club de lectura de ciencia ficción. Fernando falounos de Orwell e fixo unha introdución ao libro, para situarnos no tema. Realmente interesantes os seus comentarios.
Comentouse máis ou menos a metade do libro. Inquietante o Gran Irmán e a revisión do pasado. E tamén xurdiu a comparación desa vixianza constante coa nosa vida permanentemente exposta a través dos teléfonos móbiles.
Resultou unha reunión interesante e deixounos con ganas de afrontar esa ultima parte do libro que nos queda para despois do Nadal.






Ningún comentario:
Publicar un comentario