Páxinas

▼

mércores, 11 de novembro de 2026

E TI QUE CONTAS?

Este curso 2026-2027 o Club de lectura E ti que contas? vai viaxar a moitos lugares. "A volta ao mundo" e "Co mundo a voltas" son os PDI da nosa biblioteca e da biblioteca do Colexio de Educación Especial. Como o alumnado do Club é moi viaxeiro, decidimos implicarnos nestes proxectos e coller as mochilas para dar unha pequena volta polo mundo adiante.
Nesta primeira xuntanza, en outubro, presentámonos e falamos das viaxes que nos gustaría facer. As Maldivas, Nova York, Italia, Hollywood, Cuba, Os Ánxeles e París ou Barcelona son algúns dos lugares dos nosos soños. Para finalizar, fixemos un crebacabezas para ver cal sería o percorrido que cadaquén tería que facer.
Agora xa estamos pensando na seguinte xuntanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario