mércores, 10 de decembro de 2025

POESÍA PARA FRIKIS

O mércores tivemos unha visita moi especial. Simón Piñeiro, exalumno do centro, veu presentar o seu libro Poesía para frikis. Para nós é un motivo de alegría e un orgullo que o alumnado, que pasou polo Castro Alobre, vexa cumpridos os seus soños e, ademais, tan pronto. A publicación dun libro non é fácil e este obxectivo xa está conseguido para Simón.
Neses momentos compartidos, recordou o seu paso polo centro, contounos como conseguiu publicar e, sobre todo, animou á rapazada a escribir, non só para mellorar a súa creatividade, senón como unha ferramenta de liberación e expresión. Que bos consellos!
Finalmente, Simón leunos uns poemas que foron moi aplaudidos.
Grazas, Simón, por facermos partícipes da túa poesía e moita sorte!
Poesía para frikis de Biblioteca Castro Alobre 
                                                      

mércores, 3 de decembro de 2025

CULTURGAL

 Este venres o alumnado de 1º de bacharelato foi a Pontevedra a visitar o Museo. Ademais da sección de arqueoloxía, vimos a exposición de Castelao, unha nova actividade promovida pola Biblioteca para achegar a figura de Castelao a alumnas e alumnos.

Despois, visitamos Culturgal. Alí falamos de librerías e de libros, de teatro, de videoxogos, de escultura, de xogos, de baile. Tamén entrevistamos a Uxía Senlle e o alumnado puido sacar algunha foto con Touriñán. Foi unha mañá moi ben aproveitada e chea de cultura galega.

Culturgal de Biblioteca Castro Alobre

LIBROS PARA O 25N

 

luns, 1 de decembro de 2025