luns, 17 de xuño de 2019

AHORA HABLAMOS NOSOTRAS

Ahora hablamos nosotras é un proxecto interdisciplinar desenvolvido polo departamento de Grego, Plástica e Tecnoloxía. Este proxecto pretende reivindicar a actualidade da cultura clásica e presentala dun xeito visual, dinámico e interactivo, capaz de comunicar co alumnado.
Este é un resumo da exposición.


Estos son os pósters elaborados polo alumnado de 1º e 2º de bacharelato, que inclúen o audio que dá voz ás mulleres. Tamén incluímos os textos creados polo alumnado.







E este é o proxecto no que podedes consultar as tarefas desenvolvidas polos departamentos implicados.


venres, 14 de xuño de 2019

DISTINTAS FORMAS DE COMUNICACIÓN

O departamento de castelán desenvolveu variados proxectos co seu alumnado:
- La voz del tiempo
- Comunicándonos con el sur
- bibliomedia_lcl_2019
- El periódico habla de comunicación
- Informativos

Como mostra destes traballos un fermoso mural elaborado por alumnado de 2º ESO


E dous informativos do alumnado de 1º de bacharelato A.

A PLASTICIDADE DOS MEDIOS

O departamento de Plástica desenvolveu diferentes proxectos co seu alumnado:
- As persoas e os medios de comunicación
- O teléfono nas distintas épocas
- O pictograma: a evolución do teléfono





                                     

AS MATEMÁTICAS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O departamento de Matemáticas sumouse ao proyecto da biblioteca con As matemáticas e os medios de comunicación traballado en todos os grupos da ESO.
Un exemplo das tarefas realizadas sería este vídeo, simulando un informativo con distintas seccións nas que aparecen aspectos matemáticos. O alumnado que participou na súa elaboración foi 4º ESO A.

APRENDENDO A COMUNICAR COA FALA

O alumnado de galego desenvolveu o proxecto afondando na estrutura dos textos expositivo-argumentativo e preparando debates.



xoves, 13 de xuño de 2019

martes, 11 de xuño de 2019

MENTIRAS SOBRE OS ROMANOS

As fake news ou noticias falsas xa veñen de lonxe. O alumnado de Latín de 4º ESO B traballou sobre algunhas mentiras da Roma antiga aceptadas como feitos históricos reais.


A MÚSICA, MEDIO DE EXPRESIÓN DE...

O alumnado de 1º de bacharelato de Linguaxe e práctica musical tamén fixo a súa aportación ao PDI da biblioteca. Co seu traballo buscaba a reflexión sobre a música que consomen e o seu potencial como medio de comunicación.


OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN...

O departamento de Bioloxía desenvolveu tres proxectos vencellados ao PDI coordinado pola biblioteca:
- Os medios de comunicación nos seres vivos
- Os medios de comunicación. Revistas científicas
- Ciencia e televisión

Amosámosvos o traballo realizado polo alumnado.


Para ver o traballo completo preme aquí

venres, 7 de xuño de 2019

OS MEUS CONTOS FAVORITOS

Hoxe foi a despedida do Club de lectura inclusiva ata o próximo curso e nada mellor para festexalo que unha sesión de contacontos. 

Para que se le? preguntou Cris de Caldas, a nosa convidada. Unha boa maneira de comezar esta xuntanza. O que nos quedou claro é que, como ela ben dixo, conta contos para pasalo ben. E hai que recoñecer que tamén nós pasamos un rato moi agradable con sorrisos e sorpresas. 

Os seus contos de lobos, de ogros, de bruxas, de princesas e príncipes nos fixeron rir. Os finais foron inesperados e sorprendentes, unha reinterpretación da tradición. Tamén nos contou contos de tradición oral que son "contos de imaxinación e obras de arte".

Agradecemos a esta contadora de historias este fermoso final dunha actividade na que aprendimos moito. Foi marabilloso compartir lecturas coas persoas do centro con Eles e co alumnado de Educación Especial, que hoxe, por mor do mal tempo, non puido asistir. Unha mágoa!

Volveremos en outubro con estas xuntanzas porque "a imaxinación que todos temos, voa cando lemos", como dixo Cris.

E rematamos co desexo desta fabulosa contadora que, por
suposto, compartimos "moitas lecturas ao longo das vosas vidas".

Feliz verán

martes, 4 de xuño de 2019

TECENDO HISTORIAS

O día das Letras no Alobre a biblioteca propuxo un obradoiro para tecer o "tapiz da comunicación". Vencellado ao proxecto documental integrado deste curso, o alumnado de 2º  de ESO tecía, mentres o de 4º escribía relatos que tiñan como protagonistas a mulleres. O resultado, un tapiz que, como os da Idade Media, contaba historias.

              

Ademais desta, houbo moitas máis actividades como os murais literarios, nos que o alumnado deu mostras de gran creatividade. Amosámosvos algún destes murais.






E Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e monologuista, deixou a súa pegada no libro de sinaturas da biblioteca.