sábado, 28 de xaneiro de 2017

BURBULLA CULTURAL: ALEJANDRO BARCALA

UXÍA PAZ

Uxía Paz, coa súa potente voz, deixou impresionado a todo o público que asistiu a súa actuación. Queremos compartir con todos e todas vós algunha das cancións que interpretou. Deixámosvos uns vídeos e unhas fotos.
Parabéns, Uxía, e esperamos volver a escoitarte nesta Burbulla Cultural.

Uxía Paz na BurbullaCultural from Biblioteca Castro Alobre on Vimeo.

Uxia Paz from Biblioteca Castro Alobre on Vimeo.

sábado, 14 de xaneiro de 2017

DESCUBRE ÁS MULLERES

Esta é a segunda muller que tedes que descubrir no noso concurso. Deixade a resposta na biblioteca e haberá un premio sorpresa para o gañador ou gañadora elixido por sorteo.
Boa sorte.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

"CREMALLEIRA"

Antes do Nadal, entregamos o premio á gañadora do concurso "Un invento, unha historia". O texto seleccionado foi o de Laura Redondo. Paga a pena que o leades.
Parabéns!