Powered by
Issuu
Publish for Free
xoves, 31 de marzo de 2016
mércores, 30 de marzo de 2016
A BURBULLA CULTURAL: SONIA PLAZA
Unha voz preciosa, potente a de Sonia Plaza. O alumnado asistente animou e aplaudiu a esta xoven promesa da canción. Parabéns, Sonia, e grazas por compartir con todos e todas nós eses momentos máxicos.
martes, 15 de marzo de 2016
mércores, 9 de marzo de 2016
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Commemoramos este día cunha selección de libros e películas exposta na Biblioteca e con fermosos murais elaborados polos distintos cursos nas titorías, que se están a expor nos corredores do centro.
Deixamos, tamén, dous interesantes enlaces:
Deixamos, tamén, dous interesantes enlaces:
- Las Sinsombrero, un grupo de mulleres esquecidas da primeira metade do século XX en España: http://www.lassinsombrero.com/#!blank/pf0sw
- Mulleres no mundo: https://es.pinterest.com/busc/mulleres-no-mundo/
martes, 8 de marzo de 2016
BURBULLA CULTURAL: "EL JUICIO DE PARIS"
Como recordo da participación destes alumnos e alumnas de 1º de bacharelato C, deixamos estas fotos.
Parabéns e grazas pola vosa colaboración.
domingo, 6 de marzo de 2016
BURBULLA CULTURAL: "EL JUICIO DE PARIS"
O luns 7 de marzo, ás 11, 00 horas, poderemos escoitar, na Biblioteca, unha lectura dramatizada a cargo dun grupiño de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato C.
Achegarannos un dos "Diálogos de los dioses" do escritor grego Luciano de Samosata (s.II d.C.), unha versión divertida e crítica dun dos episodios máis coñecidos da mitoloxía grega "El juicio de Paris".
Grazas a Christian (Zeus), Javier (Hermes), Adrián (Paris), Irene (Afrodita), Ángela (Atenea) e Nerea (Hera) pola súa boa disposición para participar nesta Burbulla.
Powered by
Issuu
Publish for Free
mércores, 2 de marzo de 2016
TARANTINO, JACKSON E MORRICONE, COMBINACIÓN QUE GARANTE O ÉXITO!
Con The Hateful Eight Tarantino volve facer as delicias do seu público incondicional, sempre fiel ao seu estilo e conservando as marcas da casa, como son, entre outras, o macabro sentido do humor, os litros e litros de sangue, un entramado argumento cheo de xiros inesperados e, por suposto, as colaboracións do compositor de moitas das súas películas, Ennio Morricone e do seu inseparable actor fetiche, Samuel L. Jackson.

Se sodes seguidores/as de Tarantino, seguro que a disfrutastes, e se vos gusta o bo cine tamén, pero se aínda non o fixestes, xa tendes unha tarefa pendente!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)