martes, 20 de decembro de 2016

UN NADAL DE LIBRO

Chega o Nadal e desde a biblioteca queremos facervos algunhas suxestións para o tempo de lecer. Tamén esperamos que disfrutedes destas vacacións e collades moitas forzas para axudarnos a levar adiante o noso proxecto, que é o proxecto de todos e todas:

"Descubride novas historias e inventade mundos imaxinarios"





Powered by Issuu
Publish for Free

domingo, 18 de decembro de 2016

MANNEQUIN CHALLENGE

Xa vos podemos ofrecer os resultados de "Un Mannequin Challenge de lectura". Ademais, se queredes facer unha visita virtual a nosa biblioteca, podedes premer na imaxe para acceder a Google Photos e facer clic na icona da esquina superior dereita.

Agradecemos á profe de Tecnoloxía, Susana Oubiña, a súa colaboración na gravación das imaxes.

Imaxes antes e durante o Mannequin Challenge:

Biblioteca IES Castro Alobre

Durante o Mannequin Challenge

Vídeo da actividade:


Mannequin Challenge (Biblioteca) from Susana Oubiña Falcón on Vimeo.

mércores, 14 de decembro de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Como todos os anos, convidamos ao alumnado de 1º ESO á Biblioteca para explicarlle o seu funcionamento, darlle a coñecer os recursos e desenvolver algunha actividade de formación. Deixamos, como recordo desta actividade, unhas fotos.



xoves, 1 de decembro de 2016

III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

A Biblioteca vén de gañar o III Concurso de Traballos por Proxectos convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na modalidade Proxectos Documentais Integrados coordinados desde a Biblioteca escolar. A resolución da convocatoria aparece hoxe publicada no DOG. 
Como coordinadora quero agradecer a todo o Equipo da biblioteca a súa adicación e o grande traballo que realizou e que está a realizar. Pero non podo esquecer ao profesorado nin ao alumnado; grazas a súa colaboración e a súa implicación no noso proxecto, puidemos acadar este premio.

Aquí vos deixou o proxecto premiado, As Bibliolimpiadas.
Guadalupe Vilar, coordinadora da biblioteca


Powered by Issuu
Publish for Free

https://drive.google.com/drive/folders/0B72EEzU63Ik4X2tyWU1OMTFGejA