O Club de lectura xa iniciou a súa actividade e con novidades. Antes de nada, sabede que temos un novo coordinador do Club, Santiago, o profe de inglés. Ademais, Esther Torres e Mila serán as encargadas do Club de lectura do profesorado.
Tamén teremos un Club de lectura inclusiva. O alumnado de 3º PMAR xunto con mozos e mozas do Centro Con Eles reuniranse unha vez ao mes para comentar o Lazarillo de Tormes. Xa vos iremos contando, pero seguro que aprendemos moitas cousas.
Polo momento, déixovos unhas fotos da primeira reunión do profesorado que, despois de ler Xan do Arrabaldo de Rafael Fontoira Surís, fixo un roteiro pola Moureira (Pontevedra) guiado por María Buceta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario