Este curso a Biblioteca solicitou a integración no programa Radio na Biblio. Esperemos que nolo concedan, porque queremos apoiar ao Proxecto Competencial de 3º ESO, dirixido pola profesora Marisa de Lingua galega.
A nosa
colaboración está asegurada e iremos integrando alumnado voluntario para
participar nos programas. Polo de pronto, convocouse un concurso para buscarlle
un nome á radio.
O concurso, que terá como premio 10 euros para gastar na cafetería e a honra de ser o/a autor/a do nome da Radio, estrutúrase en tres fases:
Fase 1: Propostas de nomes (desde o 10 ao 19 de outubro). Poderase participar a través de tres vías:
-Deixando
a túa proposta no buzón colocado na biblioteca.
-
Enviando unha DM ao Instagram de @galegocastroalobre
- Entregándollo
ao alumnado de Proxecto Competencial que pasará polas aulas no día 19 de
outubro.
Fase 2: Selección dos 10 mellores nomes
- Realizará esta selección o alumnado de
Proxecto Competencial de 2º da ESO.
Fase 3: Escolla do nome da Radio.
Tamén buscamos un logo para a radio. Lede en a convocatoria do concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario