luns, 31 de marzo de 2025

ENCONTRO CON...

 Carlos Callón foi invitado pola Biblioteca para que lle falase ao alumnado de 2º de bacharelato do seu libro, recentemente publicado, Vidas e historias LGBT da Idade Media

Despois desta interesante charla, dedicounos o libro e deixou a súa pegada no libro de sinaturas da biblioteca.



VIAXANDO POLAS ILLAS

    Todo o alumnado de 4º ESO, dirixido pola profesora Noa, participou no PDI Illas peregrinas cun traballo magnífico, aproveitando que parte do estudantado deste nivel sería seleccionado para o proxecto Erasmus Plus (estadía dunha semana en tres illas diferentes). 

    Os estudantes realizaron unha exposición oral en pequenos grupos de 2-4 persoas ao redor dunha serie de illas diferentes, as cales destacan por cuestións xeográficas, ambientais, políticas, históricas, etc. Para acompañar esta tarefa oral, os alumnos e as alumnas realizaron maquetas (reproducindo estas illas en 3D) ou un traballo de lapbook para presentar o seu tema. Estes traballos resaltaron algúns dos elementos máis salientábeis destes espazos. Con estas maquetas e os  lapbook realizouse unha exposición que se situou nun espazo de tránsito nos corredores do centro para darlle visibilidade, xa que a calidade dos mesmos foi sobresaliente.

    Parabéns!





DÍA DA POESÍA

 Para conmemorar o Día da Poesía, reuniuse o club de lectura E ti que contas? Pero, antes de mergullarnos no mundo da poesía, falamos do Entroido. Contáronnos que fixeran unha romaría e léronnos un tríptico elaborado no colexio.



Despois lemos poemas de Fran Alonso (O meu gato é un poeta e Poemas birollos para ler cos ollos) e xogamos coas palabras. Descubrimos grandes poetas entre os rapaces e rapazas do club!

INVISIBLES

Invisibles, de Eloy Moreno foi a lectura compartida polo Club de lectura de 1º e 2º ESO.

venres, 28 de marzo de 2025

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Conmemoramos este día recordando mulleres importantes na nosa vida e, tamén, ao longo da historia. A biblioteca, coma sempre, ofrece recursos para afondar neste coñecemento. Asimesmo, fixemos unha pequena selección de lecturas entre moitas outras que se expuxeron nos diferentes espazos lectores. 

día da muller de Biblioteca Castro Alobre

martes, 18 de marzo de 2025

ILLAS PEREGRINAS

 O Departamento de Grego participou no Proxecto Documental Integrado "Illas peregrinas" co alumnado de Cultura clásica (4º ESO) e  de Grego (1º de bacharelato).

O alumnado de Grego viaxou a Creta, visitando Cnosos, Malia, Festos e Gortina. Para elaborar as infografías tiveron que investigar a localización xeográfica destes xacementos, os restos arqueolóxicos conservados e a mitoloxía vinculada á illa.

                             
O alumnado de Cultura clásica peregrinou por Sicilia, Atenas e a península do Peloponeso.

luns, 17 de marzo de 2025

NOVIDADES

 Temos algunha nova lectura que vos gustará. Xa é moito o alumnado que leu Invisibles, así que agora podedes ler Redes de Eloy Moreno. Tamén temos Venganza para víctimas, o último  libro da triloxía de Holly Jackson.

EL CONFORMISTA

 Reuniuse o Club de lectura do profesorado para comentar El conformista de Alberto Moravia. A próxima xuntanza será para falar do libro de Marta Villar. Detective Ferruchi.

MADE IN GALIZA

Despois de ler Made in Galiza, o alumnado de 3º PDC recomenda a súa lectura con este mural.

xoves, 6 de marzo de 2025

AS MÁSCARAS

 

Concurso "Unha máscara de libro"de Biblioteca Castro Alobre
1º premio: "O sombreireiro tolo" de Alicia Rodríguez e "Ymir, o xigante de xeo" de Irene Diz.
2º premio: "Lobishome" de María Blanco Cambeiro e Sara Agra e "Ser mitolóxico" de Aida Constenla.
3º premio: "Peliqueiro" de Vega Millán e "Arlequín" de Hércules Aido.
Este ano, como novidade, entregamos un premio especial para as familias ao "Urco"; ademais, tamén agradecemos a participación do profesorado como Pancho e Noa.
Parabéns polas vosas creacións!

RADIO CASTRO NO ENTROIDO

As reporteiras de Non calamos. Radio Castro estiveron recollendo opinións sobre o festexo do Entroido no noso instituto.