Todo o alumnado de 4º ESO, dirixido pola profesora Noa, participou no PDI Illas peregrinas cun traballo magnífico, aproveitando que parte do estudantado deste nivel sería seleccionado para o proxecto Erasmus Plus (estadía dunha semana en tres illas diferentes).
Os estudantes realizaron unha exposición oral en pequenos grupos de 2-4 persoas ao redor dunha serie de illas diferentes, as cales destacan por cuestións xeográficas, ambientais, políticas, históricas, etc. Para acompañar esta tarefa oral, os alumnos e as alumnas realizaron maquetas (reproducindo estas illas en 3D) ou un traballo de lapbook para presentar o seu tema. Estes traballos resaltaron algúns dos elementos máis salientábeis destes espazos. Con estas maquetas e os lapbook realizouse unha exposición que se situou nun espazo de tránsito nos corredores do centro para darlle visibilidade, xa que a calidade dos mesmos foi sobresaliente.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario