martes, 24 de febreiro de 2026

AGASALLO POÉTICO

  A nosa compañeira de equipo e profesora de Lingua galega, Noa Pérez ou Noa Setemuíños como se fai chamar, vén de agasallarnos co seu libro de poemas Pequeno panteón politeísta, gañador do Premio Rosalía de Castro de Poesía.

Grazas, Noa, por este agasallo e, parabéns polo premio e a publicación do libro😊

OS PREMIOS

Parabéns ao alumnado premiado no concurso de máscaras.

O ENTROIDO

Un ano máis, tivemos na biblioteca unha exposición de máscaras que mostraron a creatividade do noso alumnado. Esta é unha mostra das expostas. Parabéns!!!

xoves, 12 de febreiro de 2026

A RADIO

 O 13 de febreiro é o Día Internacional da Radio; por iso, queremos fomentar este medio de comunicación e convidarvos a participar no Proxecto Documental Integrado deste curso "A radio como ferramenta educativa".

Ademais, desde "Radio Castro. Non calamos", a nosa radio, convocamos un concurso de podcast.

Esperamos que haxa moita participación!

luns, 9 de febreiro de 2026

MEMORIA DEMOCRÁTICA

 A Biblioteca acolleu unha formación de Memoria democrática para o alumnado de 4º ESO, organizada polo Departamento de Historia. O obradoiro, impartido por Roi de Agareso, foi moi interesante e deulle a coñecer ao alumnado as vivenzas dalgunhas mulleres na época franquista. Unha delas foi Syra Alonso que nos Diarios relata a súa angustia nos días nos que o seu home foi detido polos franquistas e excutado. Ademais, puidemos recomendar este libro que forma parte da nosa biblioteca.

MICRO ALGAS

 Reuniuse o Club de lectura para comentar Micro algas de Xulia Pisón. Despois de escoitar as opinións sobre este cómic e valorar a importancia destes microorganismos para a natureza e o ser humano, fíxose un cartaz para facer partícipe a todo o centro desta actividade.


Ao final da sesión, repartíronse os libros da seguinte lectura, Mentira de Caré Santos.


BOLETÍN POLA PAZ

xoves, 5 de febreiro de 2026

BOMBARDEO!

 Bombardeo! foi outra das propostas do departamento de Música na que o alumnado protestou polas guerras cunha acción poético-musical. Ademais do alumnado de Música, parte imprescindible neste proxecto, colaborou a Biblioteca, o equipo de Normalización Lingüística e o alumnado de Oratoria e Correspondentes.

MÚSICA POLA PAZ

 O 30 de xaneiro a biblioteca participou en "Música pola Paz" unha iniciativa promovida polo departamento de Música. O coro, dirixido polo profesor Ismael, cantou na biblio We are the world.

Recomendamos para toda a comunidade educativa lecturas das que podemos aprender moito.

Expuxemos fotografías cedidas polo xornalista Antonio Pampliega.

Demos a coñecer a activistas pola paz.
E Normalización Lingüística expuxo unhas estampas de Castelao dos "Álbumes de Guerra", Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos.