mércores, 23 de outubro de 2024
BIG VAN CIENCIA
O RATO DA BIBLIO
Reuniuse o Club de lectura do alumnado de 1º e 2º da ESO para "buscar" un rato oculto nos andeis. Ese rato é Frederick de Leo Lionni. Unha lectura en voz alta que gustou e animou á lectura do poema. Podedes ver e escoitar o poema no blog do club https://clubdelecturacuruxaina.blogspot.com/2024/10/tivemos-primeira-reunion-do-club-coa.html
mércores, 9 de outubro de 2024
RAÍCES DA LINGUA
Raíces da lingua quere visibilizar as escritoras galegas que son premios nacionais. Fina Casalderrey, Ledicia Costas, Pilar Pallarés, Olga Novo, Yolanda Castaño, Chus Pato, Alba Cid, Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Ana Romaní e Bea Lema.
Algunhas delas mandaron un vídeo para o noso alumnado. Queremos agradecer a Andrea (profe de galego) que nos achegase estas importantes voces da nosa literatura, as nosas voces.
Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019. Moitas grazas por achegarnos este fermoso poema.
DÍA DAS ESCRITORAS
O 14 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Un ano máis sumámonos á iniciativa da Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. O tema desta IX edición é "La periferia de la periferia: mujeres que miraron al mundo rural".
Esperamos que, este luns, na Hora de Ler o profesorado lea algún texto dos seleccionados pola comisaria Ana Iris Simón, que xa están na Aula Virtual.
Tamén recomendamos a lectura de Fisteus era un mundo de Lupe Gómez.
Ademais, desde a Biblioteca promovemos Raíces da lingua para difundir e visibilizar as escritoras galegas que son premios nacionais en narrativa, poesía, teatro, cómic ou xornalismo.







