luns, 11 de novembro de 2019

EXPOSICIÓN VIAXEIRA

As fotos  de Antonio Pampliega que formaron parte da campaña solidaria O seu futuro depende de nós, desenvolvida dentro do proxecto Rescatando culturas, viaxaron ao IES de Vilalonga para, no Día das Bibliotecas, lembrarse de todas aquelas persoas que son unhas auténticas supervivintes.

Esperamos que o profesorado e alumnado de Vilalonga valore e disfrute esta exposición como o fixemos nós no seu día. 

Queremos agradecer á biblioteca do centro o seu interese por este traballo e a difusión do mesmo.
        



xoves, 31 de outubro de 2019

LECTURAS DE TERROR

Adicamos o Día dos Mortos a un libro, A pantasma da Ópera de Gaston Leroux, porque...




E este é o noso boletín, ilustrado cos debuxos do alumnado de Volume de 1º de bacharelato que serviron para ambientar a nosa biblioteca. Tamén poderedes ver as fotos da pantasma que pasou estas noites na entrada do instituto.
Que teñades Terroríficas Lecturas!!!

venres, 25 de outubro de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Esta semana o alumnado de 1º ESO pasou pola biblioteca, para explicarlle polo miúdo o seu funcionamento. A actividade final consistiu na busca de libros, tendo en conta a signatura, e na localización dunha foto de persoas con capacidades diversas, que tiveron que colocar no símbolo do proxecto documental integrado deste ano "Todos e todas +".


                      


 
 



mércores, 23 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS


O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas. Este ano a Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura ademais de incorporar o lema "Aptas para todos os públicos", céntrase en destacar a importancia das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. A nosa biblioteca súmase a esta proposta e achega á comunidade educativa libros de autoras galegas e castelás. Tamén vos convidamos a ler o pregón de Gemma Pascual, traducido ao galego por Héctor Cajaraville.




















luns, 14 de outubro de 2019

IV DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe os Sentimentos de muller pousáronse nas aulas para falar de amor e liberdade. Así o vivimos nalgunhas clases.