venres, 26 de xaneiro de 2024

E TI QUE CONTAS?

 Pelé foi o deportista convidado á xuntanza do Club. Falamos de esforzo, de soños cumpridos e por cumprir, de premios, de fútbol. Lemos como se converteu na estrela que foi e comparamos a súa historia coa de Muhammad Ali, a anterior lectura.

Despois propuxemos un obradoiro de máscaras, porque se achega o Entroido e non nos volveremos a ver ata despois das vacacións cunha nova historia, a de Nadal.

Por certo, tamén nos despedimos de Martín que deixa o cole para ir ao centro con Eles. Seguro que se atopará moi a gusto nesta nova etapa, aínda que o botareomos de menos. Boa sorte, Martín!

OS LIBROS -TESOURO

 Nova xuntanza do Club O niño da curuxa para falar dos libros-tesouro que temos na biblio e que leron no Nadal. Tamén se comentou El incidente del perro a medianoche de Mark Haddon que gustou moito. Ata leron o libro algunhas familias! Todo un éxito! Haberá que ir pensando en incorporalas😀

Finalmente, unha grande sorpresa, un vídeo de Lorena Conde no que nos presentou a seguinte lectura Velloucas & Minchas. Un auténtico luxo.

Máis info no blog do Club. Clicade aquí.

xoves, 11 de xaneiro de 2024

CONCURSO DE ENTROIDO

 Atención!! 📢 Convocamos un novo concurso, o concurso de Entroido, Unha máscara de libro. Le ben as bases. Tes ata o 2 de febreiro para participar. 

mércores, 10 de xaneiro de 2024