xoves, 18 de xaneiro de 2018

AO BIBLIORESCATE!

Iniciamos un novo concurso da biblioteca, que vos levará a unha viaxe en globo a través dos cinco continentes. Acompañados por Sherpa, a nosa intrépida aventureira, partiremos do Castro Alobre cara culturas, moitas veces, descoñecidas. O obxectivo é rescatar do esquecemento aos pobos indíxenas e minoritarios que, este curso, se converteron no noso centro de atención.

Cada participante debe ter un Pasaporte Aventureiro e estar disposto a afrontar todos os retos que plantexemos.

O premio? Tamén o hai! Despois de oito longas viaxes, todo esforzo debe ter unha recompensa.

Participade!



Ningún comentario:

Publicar un comentario