Conmemoramos o Día da Muller co obxectivo de "Visibilizar o Invisible". É o noso recoñecemento a ese labor silencioso de moitas mulleres nos distintos pobos do mundo e, tamén, o noso agradecemento ás defensoras da igualdade.
Kristina Masuwa-Morgan foi a primeira muller zimbabuense en publicar poesías. Nos seus escritos trata temas relacionados coas mulleres e coa guerra. Recomendamos a lectura do poema "La mujer", que aparece recollido en Ellas [también] cuentan; antología inédita de narrativa breve y poesía de escritoras africanas de expresión inglesa (selección, edición e tradución de Federico Vivanco).
Marías, unha curtametraxe producida por Yosoyoho, que reflicte a discriminación que sofren as mulleres, pobres e indíxenas en México.
Sonita Alizadeh, unha rapera de Afganistán, cóntanos a dura realidade que viviu ela e moitas nenas do seu país. Paga a pena escoitala.
Para rematar, nada mellor que unhas palabras de Bernarda López Ramírez, defensora Xinca dos dereitos dos indíxenas de Guatemala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario