Finalmente, a recadación da campaña solidaria, O seu futuro depende de nós, ascendeu a 1525,50 €, importe que xa foi transferido a unha conta da República Democrática do Congo.
Sor Georgette Tshibang, directora do Centro Tulizeni, agradece a colaboración da comunidade educativa e da cidadanía vilagarciá. "Las necesidades y desafíos son múltiples. Con su donación vamos a favorecer la alimentación de los pequeños de Tulizeni, así como dar otro empuje al proyecto de las víctimas de violencia sexual", explícanos sor Georgette.
Esta información aparece nun tweet de Antonio Pampliega, xornalista que colaborou con nós, cedendo unha serie das súas fotografías. @APampliega
Ningún comentario:
Publicar un comentario