Hoxe comezamos a andaina no EpDLAB. Un proxecto novo, non
para o instituto (que xa participou o curso pasado) , pero si para nós. EpDLAB é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento promovido por Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) no que están implicados 5 IES de Galicia. O seu obxectivo é "promover a reflexión colectiva sobre a desigualdade
social dende unha perspectiva mediática, así como fomentar
o pensamento crítico e motivar a expresividade e a responsabilidade no
uso das redes sociais."

O alumnado comezou a traballar, primeiro, timidamente e,
logo, con máis desenvoltura. Son uns rapaces e rapazas moi especiais que aproveitarán moitísimo estes obradoiros.


Desde a biblioteca escolar intentaremos promover esta actividade de cara ao 25 de novembro, ligándoa ao noso proxecto Bibliomedia: unha invitación á comunicación.
E, para rematar, quero compartir a frase dun alumno: “Debemos
ver o mundo cunha mirada crítica”.

Grazas EpDLAB.
Grazas Roi.

Grazas EpDLAB.
Grazas Roi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario