Este curso comezamos unha nova experiencia que resultou ser do máis interesante e motivadora.
Inauguramos un Club de lectura inclusiva e hoxe foi a presentación. Trátase dun club moi especial. Especial e enriquecedor. O alumnado de 3º PMAR comparte lecturas con mozos e mozas pero, tamén, con persoas máis maiores que teñen en común o gusto polas historias. Historias escritas, historias contadas.
Persoas do Centro con Eles e rapazada do Centro de Educación Especial visitáronos hoxe para ler e falar do Lazarillo de Tormes. A lectura foi conducida marabillosamente por Sandra, educadora do Centro con Eles. Houbo participación, risas, sorpresas. Moitos e moitas integrantes do Club leron en voz alta, dun xeito admirable, as aventuras e desventuras do Lazarillo co clérigo. Todo isto, acompañado das personaxes creadas polo alumnado de Sonia Omil, a profe de plástica, e das paisaxes e obxectos elaborados polos outros centros.
Como lección, querer é poder. A lectura compartida non ten fronteiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario