Este curso, como xa sabedes, púxose en marcha un Club de Lectura inclusiva. Alumnado de 3º ESO do noso centro comparte lecturas co Centro con Eles e co Centro de Educación Especial. A iniciativa promovida por Sandra Taboada, educadora do Centro con Eles, axiña foi acollida polo equipo da biblioteca con entusiasmo.
Despois de catro xuntanzas, a prensa de Vilagarcía faise eco da noticia. Un bo momento para reflexionar sobre a necesidade de compartir actividades e lecturas das que todos e todas temos moito que aprender.
Ler a noticia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario