venres, 10 de maio de 2019

AMOR AMARGO

Nesta Semana Escolar contra a Violencia de Xénero (do 6 ao 10 de maio), o alumnado de 3º PMAR está a ler Amor Amargo, un libro de Xosé A. Perozo, editado polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Esta historia, protagonizada por mozos e mozas de idades próximas ás dos nosos lectores e lectoras, será o punto de partida dun debate acerca de como se debe afrontar a vida en parella nestas idades e, por suposto, ao longo de toda a súa vida.
O alumnado ve reflectidas nos protagonistas condutas ben coñecidas: a submisión total de Ana, a moza namorada, o aillamento das súas amizades, as desculpas pola actitude de Uxío; pero tamén, a imposición e o control total do mozo. As advertencias do grupo de amigos e amigas de Ana e os intentos de abrirlle os ollos non evitarán que Ana sufra en carne propia o abuso deste xoven maltratador.








Ningún comentario:

Publicar un comentario