venres, 11 de outubro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA SAÍDA DO ARMARIO



Hoxe, no noso centro, o Grupo de Diversidades Afectivo-sexuais, coordinado por Paloma García, convidou a toda a comunidade educativa a formar parte dun acto simbólico pero moi significativo. Pretendíase co mesmo "medrar no respecto e valorar a diversidade".





Leuse un manifesto que reproducimos aquí pola importancia da súa mensaxe:

    Porque non necesitamos os vosos armarios.
    Porque pasamos do voso odio.
    Porque ninguén ten que vivir con medo.

    Porque estamos orgullosas de ser lesbianas,
    gais, bisexuais, transexuais, asexuais, intersexuais...queer,
    non saímos do armario, ROMPÉMOLO A PATADAS!

    Pedímosvos que rexeitedes a LGTBIfobia,
    animámosvos a non xulgar a ninguén,
    aconsellámosvos mirar a outro lado
    se é que isto vos molesta.

    Queremos querer a quen queiramos sen dar explicacións.
    Queremos vivir e deixar vivir.
    Querémonos, QUERÉMOSVOS libres, visibles e FELICES!!

    FELIZ DÍA DA SAÍDA DO ARMARIO!!!


                                                                            
   

Desde a biblioteca queremos unirnos a esta iniciativa e valorar o traballo e esforzo deste grupo en prol do respecto e a igualdade do grupo LGTBI.




Tamén queremos engadir que os armarios tampouco deben ser para os libros. Se están agochados, como as persoas, non poderán transmitir eses valores que tanta falta fan e polos que loitamos de cotío. Por iso, os libros tamén deben saír do armario.


Ningún comentario:

Publicar un comentario