Despois de tantos días con malas novas, recibimos unha noticia esperanzadora. Recordaredes que o
Día Internacional contra o Uso de Menores Soldado todo un experto no tema, Chema Caballero, estivo no noso instituto para dar a coñecer a situación dos nenos e nenas soldado. Todo un privilexio. Pois ben, recibimos un correo da
ONG DYES (Desarrollo y Educación Solidaria),
http://ongdyes.es/, coa boa nova de que grazas á aportación da biblioteca (entre outras) por mor da charla anteriormente citada, tres xóvenes de Serra Leoa se puideron graduar na universidade.
É todo un orgullo para a nosa biblioteca seguir colaborando con proxectos solidarios.
|
Timothy S. Conteh |
|
Samuel Samura |
|
Daniel Kadalie Kamara |
Ningún comentario:
Publicar un comentario