xoves, 9 de setembro de 2021

ABRIMOS AS PORTAS DA BIBLIOTECA!!!

    Comezamos curso escolar cunha nova moi satisfactoria. Recuperamos a nosa biblioteca. Si, xa podedes ir ler, facer traballos, buscar información, libros, películas ou, simplemente, estar nela.

    Estamos a preparar o Protocolo Covid para que a reapertura sexa segura: distancia de seguridade, máscara, hixiene de postos e mans e aforo reducido a un 75% da súa ocupación total. Publicaremos estas medidas no blog para dalas a coñecer.

    O curso pasado tiñamos unha biblioteca chea de libros e, tamén, chea de alumnado. Isto estaría moi ben se alumnos e alumnas fosen alí voluntariamente, pero a biblioteca, por motivos que todos e todas coñecemos, tiña función de aula. Nesa aula de 1º ESO D estaba Sabela. Sabela Fernández Blanco leu La biblioteca de los libros vacíos de Jordi Sierra i Fabra para a materia de Lingua castelá e Literatura, un libro que fala da importancia das bibliotecas e da necesidade de telas e usalas para a formación da cidadanía. Esta alumna fixo un vídeo extraordinario sobre este libro co que queremos inaugurar este novo curso escolar. Un curso moi especial de reapertura e reencontro cun espazo cheo de saber e de aventuras, imprescindible nun centro educativo. E nada mellor para inauguralo que un vídeo sobre bibliotecas e libros creado por unha alumna.

    Grazas, Sabela, polo teu traballo e grazas, tamén, a súa titora e profesora de Lingua castelá, Lupe Porto, por compartilo con nós.

Para ver o vídeo clicar aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario