#SementadePensamentos é o lema escollido pola AELG para celebrar o Día de Rosalía. O alumnado de 2º ESO colaborou cun fermoso mural cheo de versos e pensamentos, as flores preferidas da escritora.
Ademais, alumnado de 1º e 2º da ESO recitaron un manifesto de reivindicación do Día de Rosalía.
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2022 |
PENSAR[TE]LIBRE
Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.
Rosalía de Castro
Estes versos de Rosalía reivindican unha vez máis a liberdade do noso pensamento, sempre clamando dende a voz de muller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario