luns, 13 de febreiro de 2023

LECTURAS DE MULLERES CIENTÍFICAS

O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e nada mellor que lecturas que dean a coñecer a científicas importantes.

O alumnado de 1º ESO fixo unha exposición con "instagram" de mulleres científicas na materia de Bioloxía. Unha boa maneira de mostrar o talento "sen límites" de tantas e tantas mulleres. Parabéns por dalas a coñecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario