mércores, 24 de maio de 2023

LAS PRIMAS DE AURORA VENTURINI

Na última xuntanza da Curuxa sabia descubrimos a Aurora Venturini, que escribiu Las primas pasados os oitenta anos. Desde logo, esta lectura non deixou indiferente a ninguén e a linguaxe empregada, en nada "politicamente correcta", levounos a debater a actual pretensión de corrixir os textos dalgúns autores.

É unha lectura de temática dura protagonizada por mulleres con distinto grao de discapacidade, que invita á reflexión: abusos contra as mulleres, prostitución, aborto... Pero, a pesar de todo isto, Aurora Venturini, ás veces, é capaz de provocar un sorriso na persoa lectora coa súa forma de narrar ou, mellor, dito, coa maneira que Yuna é quen de contarnos esta tremenda historia.

Recomendamos esta lectura e xa nos preparamos para a seguinte, La desconocida de Rosa Montero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario