venres, 23 de febreiro de 2024

ROSAL-IA

 Esta é a mellor maneira de recordar a Rosalía, cun proxecto marabilloso de dous alumnos do noso centro. Felicitamos aos alumnos, pero tamén á profe Marisa por saber incorporar a IA á súa materia e motivar ao seu alumnado.

ROSAL.IA é un proxecto de Miguel Rodríguez (Migueldinho) e Hugo Costa (Huguito), alumnos de 1º de bacharelato do noso instituto que, utilizando a intelixencia artificial, desenvolveron un traballo que ten como obxectivo difundir a figura de Rosalía de Castro a través de iconas da música pop actual.
Todo comeza como unha proposta da profesora de Lingua galega, Marisinha, que lle pide ao seu alumnado que cree un produto de divulgación da Literatura galega a partir da IA. 

Boa mostra disto é este produto final no que se fusionaron dous mundos aparentemente distantes. O resultado é un EP de 5 cancións nas que Bad Bunny dá voz ao poema de Rosalía se Castro Adiós ríos, adiós fontes; Rosalía a Así mo pediron; Feid a Por que me odias? e Enrique Iglesias a Tiven un cravo, poema que tamén interpreta Walter Alejandro, que o presenta a ritmo de ranchera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario