Alumnos e alumnas cantáronlle unha regueifas preparadas coa profe Andrea e Sechu tivo a ben contestarlle. Que momento máis divertido!!
Realmente, divertido foi todo o encontro, previsto para unha sesión de clase e, finalmente, durou dúas. O nunca visto!!
A conexión entre o escritor e os mozos e mozas foi total. Falou da situación da lingua, contou como chegou a falar galego, transmitiu emoción e diversión. Tamén nos contou como elixiu a portada para o libro e puidemos escoitar ao autor da ilustración, Pancho Lapeña, profesor de Filosofía do noso instituto!! Canto talento!!
Sechu ata fixo un xogo de adiviñas que nos deixou coa boca aberta.Finalmente, recibiu agasallos que algunha clase lle tiña preparados e, como non, asinou no libro da biblioteca.
Moitas grazas, Sechu, por saber chegar á rapazada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario