xoves, 6 de outubro de 2016

ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO VOLUNTARIO

O mércores, no recreo, entregamos os diplomas a Andrea, Laia e Miguel, o alumnado voluntario da biblioteca o curso pasado. Queremos agradecer a súa axuda e tamén esperamos que, este curso, sigan a colaborar con nós.

Nos vindeiros días poñeremos información nos taboleiros e neste blog para todos aqueles e aquelas que queirades formar parte do voluntariado este curso.

Voluntariado da biblioteca escolar

Ningún comentario:

Publicar un comentario