O xoves 20 de decembro imos ter unha xornada moi especial. Despois de compartir sesións de lectura con persoas marabillosas, queremos pechar o trimestre escoitando contos, Contos de lavandeiras con guindas de Nadal. Será Cris de Caldas a contadora que nos achegue os segredos que se agochan detrás das historias. Historias fermosas como fermoso será ese momento compartido entre o noso alumnado e o alumnado do Centro de Educación Especial e persoas do Centro con Eles e do Centro Ocupacional O Saiar. Invitados e invitadas de excepción.
Seguro que Cris nos transmite a súa paixón polas historias, xa que como di ela "Tanto me gustaban os contos que de pequena lía, que decidín estudalos a través da filoloxía, pero como os botaba de menos decidín convertirme en bibliotecaria para telos máis preto. A paixón por eles foi en aumento e houbo un día no que desexei contar os seus segredos, compartir o seu corazón a quen quixera escoitar; e así é como me convertín en contadora de contos e historias. Feliz son, cando conto, sempre con emoción."
Ningún comentario:
Publicar un comentario