Se che gustan os animais e a literatura fantástica, hoxe recomendámosche un clásico da literatura xuvenil: "La historia del Doctor Dolittle", escrito por Hugh Lofting. (Témolo en castelán na Biblioteca).
A pesar de ser un médico de persoas, o doctor Dolittle sente máis proximidade cos animais. Enténdeos, escoitaos, e, pouco a pouco, vai aprendendo a súa linguaxe. Nesta historia, os animais humanízanse e racionalízanse; aportándonos non só fantásticas e fermosas aventuras polos catro continentes co doutor, senón sutiles reflexións éticas que non nos deixarán indiferentes.
O doctor Dolittle lévanos de volta á infancia, á calor e ó misterio da maxia e da pureza. A súa mensaxe é profundamente ecoloxista e humanista, cómica, transgresora e universal. Contén unha chispa desa búsqueda esencial que todos albergamos no noso corazón: a volta ó paraíso perdido e á orixinal inocencia.
As fermosas ilustracións, ademais, tamén son obra de Lofting,
Ningún comentario:
Publicar un comentario