venres, 22 de febreiro de 2019

O CLUB DE LECTURA COMEZA A VIAXE

De novo, reunímonos para comentar os primeiros capítulos de 20000 leguas baixo dos mares, viaxe que se antolla apaixoante. Xa coñecemos aos protagonistas e, pouco a pouco, iremos sabendo máis detalles da historia. Ademais, vimos os fermosos debuxos de peixes dos fondos mariños que os lectores e lectoras pintaron cuidadosamente, unhas verdadeiras obras de arte.












Para rematar a sesión, compartimos unhas riquísimas galletas elaboradas polo Centro con Eles e o Centro de Educación Especial. Estaban riquísimas! Moitas grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario