venres, 22 de febreiro de 2019

DISTINCIÓN SELLO CCB 2018


A Biblioteca do IES Castro Alobre resultou gañadora da Distinción Sello CCB 2018 na categoría de Bibliotecas escolares.

O Consejo de Cooperación Bibliotecaria, organismo dependente do Ministerio de Cultura, vén de recoñecer o proxecto do curso pasado, Rescatando culturas  (pinchar aquí), modelo de boas prácticas.

O 20 de febreiro entregáronse as distincións na Biblioteca Rexional Joaquín Leguina de Madrid, acto ao que acudimos cun grande orgullo. O Equipo de biblioteca está encantado de podervos transmitir esta boa noticia.


No acto de entrega fixemos unha presentación do proxecto.

A distinción na categoría de bibliotecas escolares foi entregada por Nuria Manzano Soto, Directora do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa.


A biblioteca recibiu parabéns do Concello de Vilagarcía e doutras institucións.


A noticia publicouse nos medios de comunicación.

Noticia completa aquí
Noticia completa aquí
Noticia completa aquí

Esta distinción que recibiu a biblioteca é, tamén, un recoñecemento ao traballo do profesorado e alumnado que se implicou nas diferentes actividades propostas. Os nosos agradecementos.

E por se queredes ver o proxecto gañador, podedes premer aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario