domingo, 24 de novembro de 2019

IGUAIS E DISTINTOS

Chegou o xoves e con el a segunda xuntanza do Club de Lectura Inclusiva O Labirinto. Tiñamos como tarefa pendente a lectura do capítulo 2 para saber como se ía desenvolvendo a vida de Gulliver en Liliput, pero antes pasamos un rato moi agradable coñecéndonos un pouco mellor. 


Tivemos que pensar tres cousas que nos gustasen, dúas nas que poderiamos mellorar e unha que nos encantaría facer.

O resultado seguro que sorprendeu a alguén. Coincidimos en varias cousas: gústanos viaxar, estar coa familia e amizades, facer deporte... As mates, o inglés ou estudar, en xeral, cústanos un pouco e encantaríanos coñecer diferentes países. 

Despois de reflexionar sobre isto, pensouse que a frase que mellor resumiría esta xornada e, por suposto, que teremos sempre en conta no noso club foi Iguais e Distintos. Unha boa ensinanza.


Para rematar, falamos un pouco do libro e o alumnado de 3º PMAR ensinou e explicou os debuxos que xa comezaron a facer.


Coma sempre, é unha honra compartir tempo de lectura con estas persoas excepcionais. 
Ata a próxima xuntanza!

Ningún comentario:

Publicar un comentario