Neste mes adicado á ciencia en galego, a biblioteca tamén quixo poñer o seu grao de area, sacando os libros da biblioteca, para promocionalos en expositores e visibilizando algún deles nunha pequena exposición fotográfica. Este ano tomamos as fotos no laboratorio de Bioloxía. O vindeiro curso esperamos achegarnos a outros espazos científicos do noso centro para seguir promocionando a lectura destes libros.
Recomendamos, tamén, a lectura do manifesto de Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía na USC, que adica unhas fermosas palabras ao papel que exercen as bibliotecas na nosa sociedade como fonte de información e facilitadora deses coñecementos tan necesarios para evitar a manipulación.
Pou último, mencionar a exposición de mulleres científicas relevantes que o departamento de Matemáticas, en colaboración coas dinamizacións de Normalización Lingüística e Igualdade expuxo no vestíbulo, sumándose a unha iniciativa de Casio España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario