Foi a historiadora científica, Margaret W. Rossiter quen, co nome de efecto Matilda, quixo poñer de relevo o feito de que o traballo das mulleres científicas fose menos valorado que o dos seus compañeiros. Este nome, Matilda, fai referencia a Matilda J. Gage, activista que reivindicou o papel das mulleres na ciencia.
Parécenos interesante amosar o material que inclúe esta iniciativa na súa web, porque pode ser útil para as nosas clases. Ademais deste vídeo, atoparedes o manifesto, a proposta dun anexo para os libros de texto (descarga gratuita) e contos ilustrados nos que imaxinan como tería sido a vida de científicos como Einstein, Fleming ou Schrodinger de ter nacido mulleres (descarga gratuita).Podedes consultar toda a información nesta ligazón https://www.nomorematildas.com/.
Ningún comentario:
Publicar un comentario