UNICEF/Holt Fátima (Etiopía). Sometida a MXF cando tiña 1 ano |
Levamos anos, desde a biblioteca, proporcionando información desde este blog que podedes ver na entrada "Tolerancia cero", pero unha vez máis queremos amosar o noso rexeitamento ante esta cruel práctica. É absolutamente necesario dar a coñecer entre o noso alumnado este terrible sufrimento, que padecen moitas nenas e mulleres en distintas partes do mundo, e que se pode ver agravado pola actual pandemia.
Recomendamos estes vídeos de "Unha parte de min" (https://www.unfpa.org/es/una-parte-de-mi), na que tres mulleres contan a súa historia (+ info https://news.un.org/es/story/2021/02/1487712).
UNFPA. Abuda Dawud (Etiopía) unha das mulleres que relata a súa vivencia. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario