Parabéns a todas as persoas implicadas nesta Feira e, por suposto, a Marisa. Moitos ánimos e adiante!👋👋👋
mércores, 26 de abril de 2023
DE FESTA!
Hoxe estivemos na II Feira Portugalega, organizada polo alumnado de Portugués para tod@s baixo a dirección da profe Marisa. Que bo traballo fixeron! Distintos obradoiros, capoeira, doces de Portugal, torneo FIFA e un achegamento ás músicas da lusofonía a través do Hip Hop. Foi Dani (exprofe do instituto) o encargado de facer o percorrido musical por Angola, Cabo Verde, Brasil, e, por suposto, Galicia (entre outros lugares). Tamén se contou coa colaboración de Patty Castro para interpretar uns fados.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario