sábado, 22 de abril de 2023

II Feira Portugalega

A profe Marisa, un ano máis, leva adiante esta iniciativa na que o alumnado é o verdadeiro protagonista. Convidámosvos a que vos acheguedes ata a Casa da Xuventude e disfrutedes dunha tarde diferente. 
Parabéns, Marisa pola iniciativa e por saber implicar a alumnos e alumnas neste proxecto.

O alumnado “Português para tod@s”, co obxectivo de establecer unha ponte de contacto entre a Galiza e outros países da Lusofonía, preparou unha serie de actividades que se desenvolverán na II Feira Portugalega. Como no anterior ano, esta celebrarase na Casa da Xuventude, entidade colaboradora xunto con Arousa Moza, no día 26 de abril.

Aínda que é unha actividade que se realiza fóra do recinto escolar e do horario lectivo, o alumnado convídavos a participar das actividades.

PROGRAMA

16:15. Achegamento ás músicas da Lusofonia a través do Hip Hop, Dani González (exprofesor do IES Castro Alobre e responsable de GZ Música) e Fernando Fernández Rego (profesor do IES Castro Alobre e crítico musical).

           Momento musical, Patty Castro.


17:15. Torneo de FIFA 2022 (Liga portuguesa e Liga brasileira), 2 vs. 2 (Modo Cooperativo). Require inscrición previa a través do IG @galegocastroalobre.

PREMIO: Tarxeta de 10€ para a PlayStation 


17:30. / 18:30. Obradoiros de Gastronomía Brasileira

Estes dous obradoiros serán impartidos pola empresa "Aínda máis animación" coa axuda do alumnado de "Portugués para tod@s". Poderanse degustar os produtos elaborados.

18:00. Introdución á capoeira da man da escola Andaruê

Durante toda a tarde, o público asistente poderá participar das seguintes actividade:

Espazo Switch (Just Dance)                        Espazo Tatuaxes

                                       Espazo para crianzas (pintura facial, contos…)

Espazo Xogos de Mesa (“Xadrez” e “Quen é quen especial Castro Alobre”)

            Espazo TikTok     


*En canto participades de todas as actividades programadas,  poderedes degustar sobremesas elaboradas por “maisquepan” (O Carballiño). Todas as persoas interesadas poderán encargar os produtos que serán entregados posteriormente. O obxectivo é conseguir diñeiro para pagar o autobús da viaxe a Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario