O venres, 23 de novembro, conmemoramos o Día
Internacional contra a Violencia de Xénero, día no que se celebran distintos
actos cun mesmo obxectivo: dicir NON á violencia contra a muller.
Tamén no noso instituto rexeitamos
este tipo de violencia, dun xeito rotundo, a través de distintas actividades
como esta, dirixida ao alumnado de bacharelato e ciclo. O que pretendemos é visibilizar
todas as formas de violencia e invitar ao alumnado á reflexión.
O acto presentado por Alba e Neis, comezou cunha entrevista que Alexandre, Elena e Elisa lle fixeron a Esther, unha das
fundadoras da asociación Xtodas (Asociación de axuda ás vítimas da violencia machista). Esther informou sobre a axuda que lle poden prestar ás mulleres e contou as súas propias vivencias.
A continuación, puidemos ver unha
presentación realizada polo equipo da biblioteca, na que se quixo resaltar o
papel dos medios de comunicación como principais transmisores da violencia
contra a muller.
O visible e o invisible é unha denuncia decidida de todos
os tipos de violencia machista e un claro compromiso coa defensa das mulleres.
O visible e o invisible de Biblioteca Castro Alobre
Queremos agradecer ao alumnado de Igualdade (Alba, Neis, Alexandre, Elena e Elisa) e a Paloma a súa colaboración e implicación nesta actividade.
Tamén vos invitamos a escoitar a canción de Ani Choying Drolma, autora de La Canción de la libertad, que nos serviu de banda sonora para a presentación.

E unha canción de El Kanka en colaboración con Carmen Boza, Vengas cuando vengas, exemplo de que "outras letras" son posibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario