xoves, 29 de novembro de 2018

SORRISOS CO LAZARILLO

Hoxe vimos de rematar a lectura do Lazarillo de Tormes. Un libro que nos fixo sorrir pero, sobre todo, experimentar novas sensacións e emocións.

Compartir momentos de lectura cun Club tan especial énchenos de ledicia. Ledicia por ver que as boas historias son capaces de chegar a todo tipo de público, cando contamos cunha "mestra de cerimonias" como Sandra. Ledicia por ver esas caras cheas de expectación, e ledicia por escoitar esas voces lectoras que, con grande esforzo, nos levaron pasiño a pasiño polos camiños da imaxinación.

Tivemos con nós aos personaxes, pero tamén as uvas, a xerra, a arca, o rato e a serpe. E, como non, un bo chourizo e queixo que compartimos ao final da sesión.

Agora só queda esperar á seguinte xuntanza.





Ningún comentario:

Publicar un comentario