Do 11 ao 15 de marzo conmemoraremos a Semana da Muller Traballadora con distintas actividades programadas para todos os cursos. Intervirán mulleres de distintos ámbitos profesionais pero tamén, o mércores, un grupo de profesores falará da implicación do home na igualdade.
As charlas están abertas ao público ata completar aforo. Celebraranse no Salón de actos e queremos convidar, especialmente, as familias.
Podedes consultar o programa e algúns datos sobre as mulleres participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario